![]() |
| Pinche na imaxe para agrandala |
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
Esta semana... presentamos o libro "Sucesos marítimos do Porto do Vicedo", de Hixinio Puentes, onde se repasa a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recopilar información en diferentes fontes, e que teñen como punto en común que tiveron lugar na zona marítima do Vicedo ou con protagonistas do Vicedo. O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. A edición do libro contou coa axuda económica da Deputación de Lugo.
O Concello de O Vicedo inicia unha campaña de promoción de utilización do punto limpo e reciclaxe. A través desta informacion preténdese o uso do mesmo así como a promoción da reciclaxe para salvar o noso planeta, onde a aportación individual de cada persoa conta.
Podedes consultar toda a información pinchando nos seguintes enlaces:
Campaña reciclaxe Concello de O Vicedo
O domingo 25 de outubro ás 7 da tarde teremos no Vicedo á Banda Municipal de Vilalba, unha actuación gratuita dentro do Programa Musiqueando, da Deputación de Lugo. Como sempre, aplicaranse as medidas sanitarias debidas á COVID-19. A Cultura é segura!!