Para completar a galería de fotos antigas que se actualizará o vindeiro mes na páxina oficial do Concello do Vicedo, faise un chamamento a persoas que poidan ter fotografías de máis de 25 anos de antigüidade de todo o municipio que onde aparezan festas e romerías, oficios, equipos deportivos, paisaxes etc a que as presten durante 1 só día na Casa da Cultura para que as poidamos escanear e catalogar.
Todas as fotos aparecerán nesa nova galería. Ademais segue funcionando os obradoiros de escaneado e tratamento de imaxes no Telecentro da Casa da Cultura onde os participantes poden aprender a forma de escanear unha foto, poñerlles comentarios...
Lémbrase que o venres 30 de maio ás 21h proxectaranse no salón de actos da Casa da Cultura a maioría das fotos obtidas durante todo este mes tanto como préstamo como as dos participantes nos obradoiros. Ademais faranse comentarios sobre as fotos, comparativas coas paisaxes actuais...
No hay comentarios:
Publicar un comentario