O vindeiro venres 30 de maio ás 20:30h proxectaranse no salón de actos da Casa da Cultura moitas das fotos antigas que se van a incorporar á web oficial do Concello de O Vicedo: www.concellodovicedo.org no apartado galería de fotografías antigas.
Neste acto vanse proxectar en pantalla xigante fotos antigas de paisaxes de todo o municipio, de oficios, de festas, etc. e asistirá xente que aparece nesas fotos e que fará comentarios interesantes sobre as mesmas. Ademais, tamén se farán algunhas comparativas de paisaxes antigos e modernos.
Invitamos a nenos, xóvenes e maiores a asistir a esta proxección e coñecer parte da historia e a etnografía do seu municipio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario