martes, 20 de mayo de 2008

Recollida do lixo na praia do Vidreiro

Os nenas e nenas do Vicedo acudiron onte á recollida e limpeza da praia do Vidreiro, como unha actividade máis dentro do "Obradoiro de Educación Ambiental".
Provistos con cadanseus guantes e bolsa procedeuse á recollida de todo tipo de materiais: dende un neumático ata unha zapatilla de deporte.
Admirados polo seu achago voltaron aos seus fogares tras unha sesión de xogos. Os nenos/as gozaron coa actividade e incluso os máis arriscados non puideron resistirse a mergullar os pés no mar.
Esta tarefa enmárcase dentro das actividades de difusión medioambiental relacionadas coa campaña "Bandeira Azul".

No hay comentarios: