lunes, 5 de mayo de 2008

programación maio 2008

-Cine: Ocean's 13. Esta película protagonizada por Brad Pitt, Matt Damon e George Clooney, será proxectada o venres 9 ás 21:30h con entrada gratuita.

-Obradoiro de fotos antigas e acto de presentación. Trátase dun obradoiro para uso eo escáner para dixitalización e recollida de fotografías antigas que se vai celebrar os días 5, 7, 19 e 21 de maio polas tardes no telecentro de O Vicedo. O día 30 de maio ás 9 da noite celebrarase un acto de presentación das fotografías recollidas con fotos comparativas coa época actual, explicacións de xente e lugares que saen nas fotos, etc.

-Concerto grupo gaitas APA O Vicedo. Os alumnos do curso de gaita que ven organizando a APA do Vicedo durante todo o curso ofrecerán un concerto o sábado 24 de maio ás 20:30h no salón de actos da Casa da Cultura.

No hay comentarios: